Aristóteles nace no 384 a.C. en Estaxira, unha colonia grega na península de Calcidia, ao lado de Macedonia. Nesta zona existía varias pequenas polis de cultura gregafederadas para defenderse dos macedonios.
O pai de Aristóteles, Nicómaco, era un home de cultura grega (os macedonios eran considerados polos gregos como primitivos e analfabetos), pero mantivo relación co rei Amintas de Macedonia, chegando a ser médico oficial da familia real. A familia de Aristóteles trasladouse a Pella, sede da corte Macedonia. Na corte, Aristóteles coñeceu ao fillo de Amintas, Filipo, e fíxose amigo del.
No ano 367 a.C. ós 17 anos, orfo de pai e nai,e morto o rei Amintas, Aristóteles trasladase a Atenas e ingresa na academia de Platón. Aristóteles foi membro da Academia durante 20 anos, primeiro como alumno e logo como profesor.
Ao consolidarse no trono Filipo II (o antigo amigo de Aristóteles) e por causa das campañas militares contra territorio grego que este inicia, en Atenas desenvolvese un forte movemento antimacedonio. Aristóteles, de quen eran coñecidas as súas excelentes relacións con Macedonia, tivo que abandonar Atenas. Aristóteels comeza un período de viaxes por distintas terras gregas. Instálase inicialmente en Aso onde establece unha filial da Academia, onde reúne a amigo e colaboradores. Logo trasladase a Mitilene, na illa de Lesbos.
Nestes anos adicase á observación, catalogación e descrición de animais. Estes estudos empíricos de Ciencias Naturais vano distanciando do seu mestre Platón.
No 342 a.C. O rei Filipo de Macedonia chama a Arsitóteles para que se encargue da educación do seu fillo Alexandre (O futuro Alexandre Magno). Alexandre contaba con 13 anos, Aristóteles foi o seu educador até os 16. A educación do príncipe interrompeuse cando este se tivo que facer cargo da rexencia e, morto seu pai, empezou as súas campañas de conquistas.
Este é o momento en que Aristóteles volta á sometida Atenas. No 335 a.C. funda nesta cidade unha escola alternativa á Academia; o Liceo. Durante 13 anos ensina nesta escola; foron anos dunha grande actividade científica e teórica.
Mentres Aristóteles ensinaba no Liceo o odio antimacedonio íase estendendo en Atenas e, cando no 323 a.C. morreu Alexandre Magno, Aristóteles é acusado de impío polos atenienses e tivo que escapar para a illa de Eubea. Morreu ao ano seguinte (322).
Practicamente a totalidade das obras que hoxe conservamos de Aristóteles (Escritos de Lóxica, Ciencias Naturais, Psicoloxía, Física, Ética, Política, estética…) pertencen ao período do Liceo, aínda que se conservan algúns fragmentos de épocas anteriores.
Son escritos esotéricos; transcricións ou apuntes das leccións impartidas aos estudantes dentro do Liceo. Non conservamos escritos Exotéricos, de caracter divulgativo, ao estilo dos diálogos de Platón.