a) A virtude.

A ética Platónica é Eudemonista. Busca atopar cal é a verdadeira felicidade do ser humano. Esa felicidade consiste en realizar de xeito excelente as esixencias da propia natureza. Para saber cales son esas esixencias debemos coñecer cal é a natureza humana. Tratase por tanto de unha ética naturalista (= que parte de unha concepción determinada da natureza humana para, a partir de aí establecer cal é o mellor modo de obrar).

O comportamento que realiza esas esixencias propias da nosa natureza denominase en grego Areté (excelencia), e nos traducímolo por “virtude”.

A noción de Areté ou virtude nos gregos non ten un sentido moralizante como ten o concepto actualmente. A virtude (excelencia) de un coitelo é que corte ben; diremos entón del que é un coitelo excelente.

A cuestión esencial na ética de Platón é: ¿Cal é a virtude propia do ser humano?.

Para chegar a unha resposta temos que partir da concepción tripartita da alma; a cada parte da alma corresponde a súa propia virtude.

Á alma concupiscible (a de aquelas persoas nas que dominan as apetencias e desexos incontrolados) corresponde a Templanza, é dicir, a moderación de eses impulsos incontrolados que veñen do noso interior.

Á alma irascible (a de aquelas persoas nas que dominan os impulsos positivos que nos permiten afrontar os mundo exterior, coma o valor nos guerreiros) corresponde a fortaleza.

Á alma racional corresponde a Prudencia (ou sabiduría); a capacidade de sopesar e calcular os riscos e consecuencias da nosa conduta.

A virtude é entendida tamén coma unha especie de harmonía das partes da alma. Debe realizarse un acordo ou unificación delas a través da razón. A alma racional é a que permite unificar ese composto que é o ser humano.

Para Platón a felicidade é algo que se logra a través da sociedade se cada un é capaz de realizar as virtudes que lle son propias sen interferencias.

O termino xustiza que usa Platón ten un sentido social que se podería expresar coa frase “dar a cada un o que lle corresponde”. E o que lle corresponde a cada un terá relación coa parte da alma que predomine nel. Este feito determinara a súa posición na sociedade; a clase social á que pertence.

A ética platónica é así unha teoría sobor da virtude que podería moi ben ser entendida coma un certo tipo de xustificación teórica das desigualdades sociais.


b) A purificación da alma.

A ética platónica busca purificar a alma das paixóns e dos desordes do corpo (concupiscencia, mundo sensible) e realízao votándose cara ao mundo do intelixible.

Deste xeito tense cualificado de Antihedonista, en tanto que negadora dos praceres corporais. O corpo é entendido coma carcel da alma; o lugar onde esta se fai escrava do material e do pasional.

Tamén se considera unha ética intelectualista (coma a do seu mestre Sócrates), no sentido de que esa purificación se realiza a través do coñecemento e volcándose cara aos aspectos intelixibles da realidade.