No Timeo, unha das últimas obras de Platón, explicase de xeito moi gráfico a relación entre o mundo sensible e o das ideas. En concreto tentase explicar cal é a orixe do mundo sensible.
Platón expón a súa teoría considerándoa coma unha “narración verosímil”, non pretende facela pasar por unha verdade incontrovertible, senón que a considera unha explicación “verosímil” pero conxectural. Por outra parte, o plantexamento que fai non é totalmente orixinal senón que fai uso de teorías de filósofos anteriores (Empédocles…) adaptadas ás súas temáticas propias (teoría das ideas…).
Na filosofía de Platón a realidade intelixible é considerada como eterna e increada. Non así a realidade sensible, que ten que nacer de algún modo. Este nacemento da realidade sensible é o que se propón explicar.
Na orixe so existía o mundo das ideas, o demiurgo (O supremo artesán) e unha materia caótica.
Esta materia ten, por natureza unha tendencia ao cambio constante e azaroso. O demiurgo, tomando como modelo o mundo das ideas, introduce nesa materia a orde e a medida propia do mundo intelixible. O demiurgo actúa coma un escultor que plasma a orde harmónica dos canons na materia carente de forma concreta do bloque de pedra.
A realidade física na que vivimos é así concibida coma unha plasmación imperfecta, unha réplica na materia da realidade inmaterial.
O demiurgo non actúa creando a partir da nada (coma o Deus do cristianismo) senón que unicamente conforma unha materia preexistente a partir de unhas formas (ideas) que tamén están xa dadas e das que ten coñecemento.
Pero, ¿cando Platón di que a materia adquire formas a qué se está a referir exactamente?.
Platón admite a teoría de que os principios da realidade material son os mesmos que ditara Empédocles: Lume, terra, auga e aire.
Pero non se para aí.
A realidade material está composta de corpos, e os corpos teñen profundidade e superficie. A plasmación de calquera superficie plana pode crearse a partir de triángulos. E os corpos (sólidos) regulares e perfectos que poden crearse con estas figuras son 5 (tetraedro, cubo, octaedro, icosaedro e dodecaedro). Estes son os sólidos regulares descritos por primeira vez polo matemático Teeteto (coñecido de Platón e membro da academia) e que actualmente se denominan “sólidos platónicos”.
Así conclúe que os corpos materiais (lume, terra…) teñen que imitar, ter como modelos, aos perfectos (tetraedro, cubo…) e tenta poñelos en relación do seguinte xeito:
Lume – Tetraedro (é o poliedro máis pequeno, móbil e agudo).
Terra – Cubo (é o poliedro máis estable).
Aire – Octaedro
Auga – Icosaedro.
En resumen: Platón realiza un esforzo por comprender a estrutura matemática da realidade, o seu orde e a súa medida, que se anticipa e inspira as concepcións da nova ciencia do renacemento (“A natureza está escrita en linguaxe matemática” Galileo), aínda que dende plantexamentos tremendamente especulativos.
(Autores como Luca Pacioli, na súa obra “A divina proporción”, Leonardo da Vinci, ou o primeiro Kepler son figuras que, como vimos en clase se inspiraron nesta teoría platónica dos sólidos regulares)
Texto.
…Antes da creación todo isto carecía de proporción e medida. Cando o demiurgo se puxo a ordenar o universo, primeiro deu forma e número ao lume, auga, terra e aire…o demiurgo compúxoos tan belos e excelsos como era posible a partir de aquilo que non era así.
Agora teño que tentar demostrarvos a orde e orixe de cada un dos elementos cun discurso pouco habitual…En primeiro lugar creo que para calquera está fora de toda dúbida que lume, aire, terra e auga son corpos. Agora ben, toda forma corporal ten tamén profundidade. E ademais é totalmente necesario que a superficie rodee a profundidade. A superficie de unha cara plana está composta de triángulos. Todos os triángulos están compostos de dous, cada un con un ángulo recto e os outros dous agudos…
Supoñemos que este é o principio do lume e dos outros corpos…debemos explicar cales serían os catro corpos máis perfectos. Se o logramos teremos a verdade acerca da orixe da terra, o lume e os seus medios proporcionais. Pois non coincidiremos con ninguén en que hai corpos máis belos que estes, dos que cada un representa un xénero particular. Debemos, entón, esforzarnos por compoñer estes catro xéneros de corpos de extraordinaria beleza e dicir que captamos a súa natureza suficientemente.
Platón, “Timeo”
Se queres profundizar no tema remitimoste a unha ligazón que aparece á dereita no blogroll de Platón e que se titula: Cosmoloxía e poliedros.