a) Dualismo antropolóxico.
A concepción platónica do home distingue neste a alma e o corpo. Pero considera que o home á fundamentalmente a súa alma.
Os gregos chamaban Psique ao que nos traducimos por alma. Os primeiros gregos entendían a psique coma o principio vital dos seres animados, aquilo que perden ao morrer. Con Platón en cambio toma o caracter de principio da intelixencia; aquela parte do home que o pon en contacto co intelixible.
A alma empeza a considerarse coma a parte máis elevada do ser humano.
Tanto é así que se atopa accidentalmente unida ao corpo, de tal xeito que para platón (coma para certas crenzas relixiosas da súa época: órficos) a alma pode vivir con independencia do corpo.
Platón defende unha visión dualista na que a alma é altamente valorada e o corpo infravalorado. Alma e corpo son dúas entidades totalmente distintas e desiguais. O corpo é físico e mortal, sensible e imperfecto. A alma, por outra parte, é inmortal, intelixible e perfecta, o que define o home e que lle permite realizar o máis elevado.
b) Partes da alma (mito do carro alado).
No Fedro narra Platón un mito no que pretende tratar a cuestión das partes da alma. Este é o mito do carro alado.
O mito compara a alma cun carro alado no que van un auriga (condutor) e unha xunta de dous cabalos, un branco, fermoso e bo e outro negro, feo e malo.
- O cabalo branco simboliza as tendencias positivas do home,as paixóns coma a coraxe ou a valor, a ira, a esperanza; a chamada alma irascible.
- O cabalo negro simboliza as tendencias negativas do home, os desexos máis baixos, a sexualidade por exemplo. A esta parte da alma chámaselle concupiscible.
- O auriga simboliza a capacidade intelectual do home, o pensamento; adoita a denominarse parte racional.
A alma, simbolizada no carro alado, movese no mundo das ideas; este é o seu ambiente propio. Agora ben, se o cabalo negro se lle revela, o carro perde altura e cae ao mundo das cousas. Nese mundo das cousas agarrase a algo sólido onde se establece e toma un corpo terrestre. A alma atopase así aprisionada e incómoda, fora do seu elemento, nese corpo que é para ela coma unha carcel. O seu desexo máis forte é o de voltar ao seu mundo orixinal.
O mito do carro alado amósanos o psiquismo coma unha entidade dinámica que integra tres partes: racional, irascible e concupiscible. Esta é unha das primeiras análises explícitas que coñecemos en torno á estrutura de forzas que forman o psiquismo humano e por tanto constitúe un dos primeiros textos de psicoloxía coñecidos.