A teoría platónica do coñecimento aparece expresada a través dunha serie de hipóteses, doctrinas e mitos elaborados en paralelo á teoría das ideas.

 

A primeira doctrina platónica do coñecemento é a da reminiscencia (ou anamnesis), a cal aparece no diálogo “Menón”.

 

O diálogo parte dun argumento de Menón según o cal o coñecemento de cousas totalmente novedosas (coñecemento en sentido absoluto) é imposible pois, non investigaremos o que xa sabemos, porque xa o sabemos, nen o que descoñecemos absolutamente, pois non saberíamos qué buscar.

Este argumento serve a Sócrates para introducir a seguinte hipótese: aprender non significa adquirir o que non se tiña en absoluto, senón lembrar o que se tiña esquencido.

(Texto 4).

Xusto a continuación, unha vez formulada a hipótese, pasa Platón a tentar demostrala. O que denominamos “pasaxe do escravo” tenta ser unha demostración (ainda que bastante viciada) de esa hipótese. Sócrates chama a un escravo sen educación nengunha e someteo a un interrogatorio sobre un problema de xeometría; buscar a liña coa que temos que construir un cadrado se queremos que teña o dobre de superficie que un cadrado dado. Da man de Sócrates, que o vai interrogando (maieutica), o escravo descubre a solución e Sócrates (Platón) conclue que ese coñecemento estaba dentro do escravo e que este o único que fai é lembralo axudado polas preguntas correctas.

(Texto 5)

Platón cree demostrar así que o coñecemento é algo que levamos dentro e que está sometido a un proceso de esquencemento. Pero ¿De esquencemento de qué?.

Ate este intre a teoría do coñecemento de Platón é moi similar á de Sócrates, pero Platón, chegado a este punto liga este plantexamento socrático coa súa teoría das ideas;

O coñecemento é coñecemento de ideas. O que temos esquencido son as ideas. Pero ¿cómo as chegamos a coñecer e por qué as temos esquencidas?.

Platón recurre a un mito. Apropiase e reinterpreta a doctrina das reencarnacións (unha doctrina característica da relixiosidade grega, sobre todo do orfismo). Esta doctrina das reencarnacións aparece nomeada no Menón, pero aparece moito máis desenrrolada no Fedro.

As almas nunca morren, senón que, ao separarse do corpo viven o periodo que vai ate a seguinte reencarnación, no mundo intelixible (ao que son afíns pola súa natureza) e alí contemplan en maior ou menor medida as ideas de modo directo. Cando caen no mundo sensible reencarnandose nun corpo determinado esquencen estas ideas e só ao contemplar e dialogar sobre o mundo sensible poden lembrar (a través da actividade intelectual) algo das ideas que teñen esquencidas.

(Texto 6).

A función da doctrina da reminiscencia consiste en conciliar o feito de que o coñecimento é sempre coñecimento do intelixible co feito de que se produce no home sensible e co concurso do sensible. De este xeito, a función das cousas sensibles no coñecimento, xa que non pode consistir en aportar o obxecto deste, será a de servir de ocasión para que ese obxecto sexa recoñecido ou lembrado polo home.