Platón, coma o seu maestro Sócrates (quen non escribiu nada), non daba un aprecio especial á palabra escrita, cria que o que se pon nos papeis non pode respostar ás obxeccións que lles facemos. Pensaba que a palabra en serio se realizaba no diálogo. Deste xeito, todas as obras que conservamos de Platón presentanse baixo a forma de diálogos; tentan reproducir o discurrir dos diálogos reales entre contertulios de carne e oso.
Conservamos todos os diálogos de Platón, todo o que escribiu, pero non todas as súas ensinanzas na Academia. Sabemos que a maioría das ensinanzas que se realizaban dentro da academia, no marco do diálogo real, non se reflexan nos diálogos, que terían unha función meramente preparatoria dos temas estudados.
O problema que se plantexou aos historiadores foi o de intentar datar eses diálogos.
A partir do século XIX tentouse facer unha análise dos diálogos dende o punto de vista da súa evolución. Partiuse das “Leis”, obra da que temos a certeza de que é o último escrito de Platón e, a base de tererminar cuidadosamente as súas características estilísticas e comparandoas coas de outros escritos do último periodo, concluiuse que o orden destes últimos escritos era probablemente o seguinte: Teeteto, Parménides, Sofista, Político, Filebo, Timeo, Critias e Leis.
Posteriormente puidose establecer que a República pertence á fase central (época da fundación da Academia) e que a preceden o Fedón e o Banquete e a segue o Fedro.
Identificouse tamén unha serie de escritos previos pertencentes a un periodo de maduración (pola época da súa primeira viaxe a Sicilia): Gorxias, Menón, Crátilo, Protágoras.
O resto dos diálogos, máis breves, son sen duda escritos xuvenís, como confirma a temática claramente socrática que aparece neles: Apoloxía, Eutifrón, etc…
Quedarían como segue:
Periodo de xuventude: Apoloxía, Eutifrón, etc…
Periodo de Transición: Gorxias, Menón, Crátilo, Protágoras.
Periodo de Madurez: Fedón, Banquete, República, Fedro.
Periodo de vellez: Teeteto, Parménides, Sofista, Político, Filebo, Timeo, Critias e Leis.