A partir do ano 508 A.C. establecese en Atenas o réxime democrático. O periodo que cubre o século V verase enmarcado por dúas guerras. A primeira cubrirá case toda a primeira mitade do século; as guerras que manteñen Atenas e Esparta contra os persas. Estas guerras son coñecidas como “Guerras médicas”.  O bando grego sairá vencedor.

As guerras médicas poñen as bases para as crisis posteriores. Esparta e Atenas xurden da guerra como potencias preponderanes, e a tensión entre elas transformase en conflicto expansivo.

Esparta consolidase como potencia militar terrestre e establece a súa hexemonía no Peloponeso.

Atenas, dona dos mares, está ao frente da liga de Delos, na que moitas cidades son fozadas a estar, permanecer e pagar tributos.

Na época de Pericles Atenas é unha potencia imperialista que practica posturas de forza cara ao exterior e comportamentos democráticos cara ao interior.

 

Co século V avanzado a guerra fria entre Esparta e Atenas acaba quentandose e estala a guerra do Peloponeso (431-404) , 30 anos que rematan coa derrota de Atenas no 404.

Estas guerras foron moito máis ca unha loita entre Atenas e Esparta; representaban, en certa maneira unha forma de entender a vida e a sociedade, un conflicto entre democracia e aristocracia. E os aristócratas de Atenas non ocultaban – Entre eles a famila de Platón – a súa simpatía polo modelo espartano.

Xusto cando Platón ten 24 anos os vencedores espartanos impuxeron un rexime non democrático. Apoiados por Esparta, os aristócratas retornados instauran unha tiranía atróz (Tiranía dos 30)que dura uns meses ata que de novo se restaura a democracia.

Este goberno, no que participaban dous parentes de Platón, foi incapaz de establecer a orde e o mesmo Platón quedou bastante decepcionado con el. O descontento xeral e diversos conflictos populares propiciaron o restablecemento da democracia.

Pero esta nova democracia carece da base imperialista da anterior. A experiencia da democracia que ten Platón é decepcionante (corrupción e multiplicación das leises, cambios nas costumes…).

Para colmo é esta democracia a que condena ao seu maestro Sócrates no 399.