No ano 546 ac. a costa de Xonia foi conquistada polo imperio Persa. Se ben Mileto estaba incluída nesta rexión e era unha das cidades máis importantes de aquel lugar, os Persas decidiron non invadila. A consecuencia foi que a cidade grega entrou en contacto co pensamento oriental dándolles a posibilidade aos gregos de coñecer culturas totalmente diferentes. A este feito algúns autores acostuman a atribuír o xurdimento do pensamento racional occidental encarnado na figura de Tales.

1/ O PASO DO MITO AO LOGOS

A filosofía nace en grecia no século VI A.C. coma un novo modo de pensar e entender a realidade.

O modelo de pensamento ao que se contrapón é o pensamento mítico e relixioso.

Ás preguntas básicas: ¿cómo está constituida a realidade física?, ¿Cómo chegou a ser tal e como é agora mesmo?, ¿cales son as causas dos procesos naturais?, o home da grecia arcaica responde a través dunha serie de relatos chamados mitos nos que se atribuen causas persoais (a vontade ou o capricho dos deuses) a todos os sucesos que se tentan explicar.

O pensamento filosófico nace cando empeza a cobrar forma na mente dos gregos a convicción de que o caos aparente dos acontecementos naturais oculta un orden subxacente e que este orden é o producto de forzas impersaoais que non son externas á propia natureza.

Os primeiros representantes deste cambio de perspectiva foron tres filósofos do século VI A.C.: Tales, Anaximandro e Anaxímenes.

2/ TALES

Tales é o primeiro en formular a pregunta ¿Cal é o principio material no que ten a súa orixe e que constitue o sustrato da realidade física que nos rodea?. A resposta que da é: A auga.

Probablemente se apoiara en toda unha tradición mítica exipcia e mesopotámica que daba unha gran importancia á auga e parece tamén seguro que se apoiou en observacións de tipo empírico para chegar a esa resposta.

Tales é o primeiro en introducir a idea de que existe un principio material (que os filósofos posteriores denominarán ARCHÉ) no que teñen á súa orixe as cousas e que as segue a constituir.

Ese principio forma parte da propia natureza, e é eterno e imperecedeiro (non foi creado por ningun axente externo). Na mentalidade dos gregos da época é algo parecido ao noso concepto de “materia”.

Pero a realidade natural non é algo inerte, estático; cambia constantemente. ¿Cal é a causa dese cambio para Tales?.

Tales di que é a materia mesma a que orixina o cambio, que está animada, que en certa forma ten vida e que esta é a causa dos cambios que se producen nela. Para Tales o cambio e o movemento da natureza non ten nengunha causa externa, senón que é inherente á propia materia que a constitue. A este plantexamento de tipo animista denominámolo HILOZOÍSMO.

Ainda que Tales conserve restos de pensamento animista, elimina toda intervención divina e calqeira explicación de tipo persoal derivada de relatos míticos; toda explicación debe ser unha explicación que remita a causas naturais. (Sexa acertada ou non).

En resumo: O mundo, para Tales consta de unha única substancia, a auga, da que se orixinan todas as cousas e que segue constituíndoas. E esta substancia ten un dinamismo interno; contén en sí mesma a causa dos seus cambios.

3/ ANAXIMANDRO

Anaximandro é o primeiro en introducir o termino ARCHÉ.
Para el o ARCHÉ é unha substancia á que denomina ápeiron (a-péras = indefinido).
O Arché, que está na base da realidade é algo non perceptible; a materia orixinal do universo é algo máis primitivo que ningún dos elementos físicos perceptibles polos sentidos.
Do ápeiron nacen os elementos e destes as cousas e estas voltan a converterse nos elementos ao perecer.
O exceso de un elemento nas cousas, ao final sempre vai acompañado de unha retribución; os outros elementos recuperan o terreno perdido, o equilibrio sempre se restaura. Existe un orde subxacente orixinal na natureza que sempre resulta restablecido.

Anaximandro é o primeiro en introducir a idea de un orde natural. Esta idea inspirase na da xustiza imperante nas polis; Igual que o mundo social e político está ordenado polas leis, así tamén o mundo físico terá as súas leis. O social é o modelo sobre o que se articula a explicación do natural.

Esta idea de que a natureza está sometida a un orden xusto é novidosa. Non se rexen xa segundo o capricho dos deuses, inescrutable, senón que teñen unha racionalidade intrínseca e que pode ser entendida, igual que poden ser entendidas por todos as leis que rexen na cidade e regulan a orden social. Desde Anaximandro, a ciencia e a filosofía concebirán a natureza coma un Cósmos.

4/ ANAXÍMENES.

Di que o Arché é o aire e explica cómo se producen os elementos: por condensación (auga > terra) e por rarefacción (lume, nubes).
Anaxímenes non so afirma a existencia dun principio material que se transforma nos distintos elementos, senón que describe o mecanismo de esa transformación.

5/ PITAGÓRICOS

Sabemos moi pouco sobre a vida de Pitágoras; sabemos que viviu no século VI a.C, que viviu en cidades do sur de italia e que fundou unha comunidade dediscípulos.
Esta comunidade actúa metade como facción política, metade como seita relixiosa.
Despois da morte de Pitágoras a comunidade parece que se dividiu en duas. Unha de elas denominaba Acusmática mantivo o aspecto místico das doctrinas de Pitágoras; a outra, denominada Matemática ceñiuse ao campo científico e filosófico.

As doutrinas relixiosas.
Os pitagóricos estaban moi influidos polas relixións mistéricas (M. De Eleusis), polos escritores Órficos e por doctrinas orientais.
Mantiñan a doutrina da transmigración das almas (reencarnación). Para eles a alma é inmortal e sufre unha serie de reencarnacións. Crian tamén que a alma podía escapar a ese ciclo de reencarnacións e ter unha vida eterna semellante á que levan os deuses.
Para lograr ese obxectivo os misterios de Eleusis propoñían rituais de iniciación e os escritores órficos propoñían unha forma de vida centrada en toda unha serie de prohibicións rituais que supostamente puriicarían a alma.
Para os pitagóricos a salvación da alma producese a través do coñecemento filosófico do mundo. Na medida que a alma coñece a armonía que reina no mundo faise ela tamén máis armoniosa.
Deste xeito, o coñecemento filosófico e científico do mundo está, para os pitagóricos ao servicio dun fin relixioso, a purificación e o perfeccionamento da alma con vistas á salvación.

As doutrinas filosóficas.
Os pitagóricos, despois de descubrir que a escala musical respondía a proporcións numéricas simles, pensaron que a esencia da realidade podía reducirse ao numérico; é decir: a realidade que se nos presenta de un xeito cualitativo, no fondo ten un caracter cuantitativo. Neste sentido, para os pitagóricos o ARCHÉ é o número.
Seguindo esta perspectiva fixeron moitos descubrimentos matemáticos e, parece ser que daban un valor místico a estes descubrimentos.
Os pitagóricos consideran que a esencia da realidade non é a materia, senón que é a forma (a harmonía expresada a través de relacións numéricas).
A influencia dos pitagóricos foi enorme en Platón. Tanto a través das súas ideas en torno da alma coma na súa valoración das matemáticas.

6/ HERÁCLITO

Nace en Éfeso cidade democrática da costa Xonia pero pertence a unha familia aristocrática ligada á realeza.
O seu pensamento está elaborado a partir de aforismos. Non sabemos se estes aforismos formaban parte de unha obra escrita e acabada ou son simplemente transcricións de sentencias pronunciadas de xeito oral.
Nestes aforismos aparecen expresadas as seguintes ideas:

A realidade que percibimos a través dos sentidos é algo que está en constante cambio, é un incesante fluír e transformarse das cousas. Non existe obxecto, animado ou inanimado, que non sufra modificacións continuamente. Ata aquelas cousas materiais que a primeira vista nos parecen inmutables, tras unha atenta análise mostran algunha alteración. Atribueselle a expresión Panta rei, (todo flúe) e o aforismo «non nos podemos bañar dúas veces no mesmo río».

Símbolo desta continua transformación é o lume, que eleva a elemento primordial.

Todo cambia pero non é un cambio irracional e caótico, senón que está rexido por unha lei: o logos. Logos (en grego λóγος) pode traducirse como razón.

O termo logos en Heráclito ten dous sentidos:

1. A harmonía detrás do cambio.

O principio do dinamismo do universo é a loita de contrarios, (“a guerra é o pai de tódalas cousas“).

O equilibrio total do cosmos só pode manterse se o cambio nunha dirección comporta outro equivalente na dirección oposta. A harmonía dos opostos reside na loita que manteñen, que produce un equilibrio tenso e dinámico. O cambio non é caótico, desenrólase segundo unha proporción ou razón (Logos).

2. A razón.

O obxectivo do filósofo é captar esa unidade que subxace ao cambio: captar o logos. E iso faise dende o logos humano entendido como razón e linguaxe. Heráclito chámalle “o común” (algo que todos compartimos).

Para elo os sentidos son imprescindibles pero non podemos deixarnos enganar por eles.

A loita dos contrarios xenera unha tensión harmónica, pero esta non é perceptible polos sentidos, senón que se oculta a eles. So a razón pode captar esta harmonía profunda das cousas.

No coñecemento, sentidos e razón móstrannos dúas caras da realidade:
a) Os sentidos móstrannos o continuo fluír das cousas, o cambio.
b) A razón (logos) móstranos a unidade profunda das cousas, o seu caracter harmónico.

7/ PARMÉNIDES

Na filosofía de Parménides, igual que na de Heráclito, sentidos e razón aparecen enfrontados. O perceptible (o corpóreo, o material, os datos dos nosos ollos e os nosos ouvidos) engánanos e é irreal, mentres que o intelixible (o que o pensamento ou noésis deduce por un proceso de razoamento; algo abstracto, inmaterial e incorpóreo) constitúe o verdadeiramente real.

Os filósofos anteriores (monistas) afirmaban que o único que realmente existe é o Arché; un principio material. Parménides exprésao coa frase “o ser é e o non ser non é” (o arché ten existencia real e todo o que non sexa el carece de existencia).
Parménides plantexa a seguinte cuestión: ¿A qué conclusións chegaremos se razoamos a partir da afirmación que fan os monistas de que o único que existe detrás da realidade múltiple que experimentamos é o Arché?.

  • Os sentidos indícannos que todas as cousas nacen e morren; aparecen e desaparecen. Pero se supoñemos que so ten existencia real o Arché, entón non puido chegar a ser a partir de outra realidade (porque non a hai), nin pode converterse en outra substancia distinta. Debería ser eterno.

  • Os sentidos mostrannos que unhas cousas están eiquí e outras alí e que se separan e se xuntan. A razón levaríanos a deducir que se o único existente é o Arché, a realidade sería un continuo indiferenciado e indivisible. Para que existiran partes habería que admitir a existencia do baleiro, pero esta posibilidade non se contempla no pensamento dos filósofos monistas.
  • Por último, os sentidos mostrannos unha realidade cambiante. A razón deduciría que a partir da suposición dunha única substancia o cambio é imposible. A realidade que nos mostra o pensamento é estática e inmutable.

A imaxe da verdadeira realidade, á que Parménides chama “O SER” (O que ten existencia real) postulase así como algo compacto, pleno, indivisible, eterno e estático (coa forma dunha esfera) contra todo o que nos mostran os sentidos.

Parmenides está afirmando que é ilóxico supoñer simultaneamente que:
a) Existe un mundo que contén moitas cousas diferentes e en continuo cambio.
b) Que esta pluralidade xurde de unha Substancia única.

Con iste dilema Parménides dividiu a filosofía presocrática en dúas metades (monismo / pluralismo) e foi a causa de que esta se orientase por camiños diferentes.

8/ EMPÉDOCLES

Aceptou os plantexamentos de Parménides; pero tratou de dar unha explicación do cambio, negándose a aceptar o carácter ilusorio da realidade sensible. Postulou a existencia de catro elementos (lume, terra, aire, auga) cada un deles coas características de permanencia e inmutabilidade, e a existencia de dúas forzas cósmicas (Amor, Odio) que actuarán como causa da combinación ou disociación dos elementos.

A realidade é o resultado da combinación deses catro elementos orixinarios: a realidade que nós captamos é o resultado da mestura de devanditos elementos. Propiamente falando non hai xeración; o que chamamos “xeración” é propiamente “agregación”, “mestura” de elementos. E o que chamamos corrupción non supón a destrución do ser, senón soamente a súa “separación”, “disgregación”. Esa mestura e separación dos elementos orixinarios ten lugar polas forzas do Amor e do Odio.

9/ DEMÓCRITO

A filosofía de Demócrito está inspirada na necesidade de conxugar a permanencia do ser coa explicación do cambio. adoptando a seguinte solución: o que chamamos xeración e corrupción non é máis que mestura e separación dos elementos orixinarios, que posúen as características de inmutabilidad e eternidade do ser de parmenides.
Os elementos orixinarios das cousas serán concibidos como entidades materiais, infinitamente pequenas e, polo tanto, imperceptibles para os sentidos, e de carácter estritamente cuantitativo, aos que Demócrito chamará átomos pola súa calidade de ser partículas indivisibles.
Os átomos existen desde sempre no baleiro, sometidos a un movemento que lles é propio. Polo tanto, todo o que existe son os átomos e o baleiro. A introdución da existencia do baleiro é unha novidade con respecto a Empédocles e que choca frontalmente coa negación do baleiro (non ser) que esixía Parménides.
Agora ben, sen a existencia do baleiro resulta imposible explicar o movemento, polo que necesariamente ten que existir. Os átomos móvense nese baleiro por causas estritamente mecánicas provocando a agregación en conxuntos de átomos cada vez maiores, e que darán lugar á constitución dos obxectos tal como nós coñecémolos.
Aínda que os átomos non posúen diferenzas cualitativas si posúen diferenzas en canto á súa forma e configuración: a forma, a orde e a posición.
Demócrito non apela no seu sistema á existencia de ningunha causa que non sexa estritamente material e mecánica, de modo que nos ofrece unha primeira interpretación mecanicista do universo.

O seu pensamento exercerá unha gran influencia no pensamento posterior, estando na base da constitución da ciencia moderna.