Para ter unha visión completa da cultura na que nace a filosofía debemos coñecer as características sociopolíticas do momento histórico do seu nacemento: o século VI a.c.

Para comprender o nacemento da razón grega hai que seguir o camiño por onde ela se puido desprender de unha mentalidade relixiosa, indicar o que debe ao mito e cómo o superou; debemos confrontar, co telón de fondo do pasado micénico, a viraxe do século VIII ao VII no que Grecia toma unha nova orientación, senta as bases da Polis e asegura mediante a laicización do pensamento político, a chegada da filosofía.

A monarquía micénica: a Grecia Arcaica (Do século XIX ao XII a. C.)

O mundo grego máis antigo emparentase en moitos dos seus rasgos cos reinos do Oriente que lle foron contemporáneos (Exipto e Mesopotamia).
A vida social aparece centrada en torno ao palacio cuxa función é relixiosa, política, militar, administrativa e económica á vez (civilización palatina).

O  rei ou Anax ten un carácter divino, é o centro, todo xira en torno del, contrólao todo: concentra e reúne na súa persoa todos os elementos do poder. Por medio dunha xerarquía de escribas, intermediarios e burócratas controla e regulamenta minuciosamente todos os sectores da vida económica e todos os dominios da actividade social.
A organización político-social está fortemente xerarquizada dende o goberno palatino ata o das aldeas por unha escala de representantes da administración.
No relixioso hai unha casta sacerdotal cerrada e privilexiada que vixía a observancia dos textos sagrados.
O estado aristocrático: a sociedade descrita por Homero e o modelo de representación mítico (Do século XII ao VII a.C.)
A invasión doria no século XII destrúe o sistema de economía palatino que se funde para sempre e con el as súas estruturas.
Grecia retorna a unha economía puramente agrícola. O rei ou Anax é sustituído por un grupo de xerarcas agora denominados basileus que non centralizan o poder desaparecendo o sistema administrativo, a clase de escribas e a escritura (que non reaparecerá ata o século IX con un alfabeto simplificado e unha utilización moi diferente á anterior).

Preparase a poesía homérica.

A organización social anterior desaparece e quedan agora dúas clases diferenciadas e opostas que se enfrontarán en ocasións violentamente. Estas son a aristocracia guerreira (genos) e as comunidades aldeáns (demos). Para mediar entre eles aparecerá o pre-dereito político (antes non facía falta, a lei era o rei).
O basileus recolle o poder do Anax, pero o seu poder é moito menor e non ten carácter divino. Ten unha función esencialmente relixiosa, descentraliza o poder. Os basileus proceden de unha aristocracia nobiliaria e mercantil.
Os genos son castas cerradas dirixidas por terratenentes agrícolas e militares. están vinculados por unha mesma relixión, descenden de un mesmo personaxe e adoran a un mesmo deus. A xerarquización e a unión dependen da pureza de sangue. Teñen un forte sentido da solidariedade e unha forte conciencia do deber e cumprimento para cos membros do seu genos. Exaltan os valores de loita, concorrencia, rivalidade e pertenza a unha mesma comunidade. O xefe do genos manda e ordena sendo case un reflexo, dentro do grupo, do antigo Anax.
Os valores e comportamentos de esta clase militar aparecen narradas nos poemas homéricos, sobre todo na Iliada.

A aparición da polis (Do sécullo VII ao VI a.C.)

A partir do século VII a. C. tivo lugar unha fonda transformación na sociedade grega. Cobra unha importancia definitiva o comercio: A economía grega orientase cara o comercio marítimo.
Aparece a moeda. A riqueza non se mide tanto xa pola tenencia de terras coma polo diñeiro que se ten.
Desenrolase nas cidades unha clase artesanal (facilidade para crear os propios útiles grazas ao ferro) que cada vez terá máis peso económico e político. Estes intentaran mediar entre a aristocracia e o demos cada vez máis enfrontados e diferenciados intentando que non prevalezan as posturas radicalizadas de ningún deles.
Coa reanudación da relación con Oriente (que estivera interrompida dende tempos da caída da monarquía micénica) entra en contacto con novos coñecementos técnicos e xeográficos, pero ademais con outras formas de vida e costumes.
Nas mentes máis espertas a sabiduría popular representada polas ensinanzas rutinarias dos poetas antigos comeza a aparecer como inadecuada:
No que se refire á moral: os valores guerreiros e aristocráticos quedan desfasados cando as relacións comerciais esixen novas normas de xustiza e dereito como base dos intercambios.
No que se refire á teoloxía homérica: o coñecemento de outros pobos leva á convicción de que cada pobo e cada raza se representan aos deuses de maneira distinta.
Á larga abriráse paso a convicción de que a interpretación do universo e da convivencia humana debe asentarse sobre bases distintas, racionais.
A desaparición do palacio creou un baleiro de poder (espazo que ocupará a ágora). Nace unha reacción ante a situación de anomía existente: desexase reformar a vida social en función da comunidade.
Serán os míticos sete sabios quen iniciarán e protagonizarán a busca de unha xustiza (diké) que harmonice e concilie os distintos elementos da cidade: a súa tarefa será a organización da polis e a invención de leis que cumpran aqueles obxectivos.
Os genos loitan entre eles, e á súa vez enfróntanse aos basileus, neste contexto e cansados de loitas civís os sabios establecen unha nova ética política baseada na igualdade: definiron positivamente as condicións que permitiran instaurar o orden no mundo da cidade.

Modelos de participación (eunomía e isonomía).

A igualdade definiráse de dous modos distintos que se irán sucedendo:

a) A eunomía defendida por Solón (594 a.C.): Os basileus primeiro, e despois os genos, buscan o igualitarismo entre eles: o poder debe ser repartido entre os “iguais” (así é como se definen eles). A noción de poder transformase, as decisións reclaman ser discutidas e elaboradas poñendo os problemas no centro (es to meson) e á mesma distancia de todos para ser debatidos (progresivamente reivindicarán poder participar nese debate máis grupos sociais).

Este tipo de igualdade é de tipo xerárquico, a súa noción esencial é a proporción: máis poder para os mellores.

Cobra vital importancia o valor da palabra na harmonización de loitas entre as diversas castas ou familias que agora se realiza mediante a utilización de argumentos.

O centro de discusión é a praza pública ou ágora: O centro da cidade antes ocupado polo palacio é agora ocupado pola ágora. Cando isto ocorre xa podemos referirnos á cidade grega como polis.

b) Isonomía defendida por Clístenes (515 a.C.): é a versión democrática, a igualdade entre todos os “cidadáns” en todos os terreos sen distincións nen proporcións xerárquicas. A antiga organización tribal suprímese a través de unha reforma administrativa que divide de forma diferente as rexións coa fin de eliminar as tensións e loitas tribais.

O poder está no medio e executase rotativamente: esta será a máxima expresión da democracia. O poder está repartido, según un ciclo regulamentado pasa de un grupo a outro, de un individuo a outro.

O mundo social adopta a forma de un cosmos circular e centrado, no que cada cidadán deberá recorrer a totalidade do circuíto ocupando e cedendo, sucesivamente, según un orden establecido no tempo, todas as posicións simétricas que compoñen o espazo cívico.