Os mitos gregos eran relatos protagonizados por Deuses ou heroes cos que os gregos explicaban a orixe do mundo, os fenómenos da natureza ou o papel de cada cal na sociedade.
A orixe do mundo aparece en mitos cosmogónicos como o da “Teogonía” de Hesiodo.

“En primeiro lugar existiu o caos, despois Gea, a terra, extensa e firme para todos os deuses, e no fondo da terra o tenebroso Tartaro…”

Os fenómenos da natureza e os asuntos que os gregos consideraban importantes aparecen encarnados nos deuses.

Zeus – (Ceo, raio)
Poseidon – (Mar, terremotos)
Demeter – (Agricultura)
Apolo – (Enfermidades / curación)
Afrodita – (Sexo)
Hermes – (Comercio)
Dioniso – (Viño)
Hefesto – (Traballo)

A relixión grega era politeísta. Os deuses gregos eran antropomorfos e tiñan sentimentos.
Os seus deuses principais da relixión oficial eran os 12 olímpicos. Cada cidade adoraba a un Deus principal (Atenea en Atenas…). As relacións entre os deuses empréganse como modelo ou contrapunto das relacións entre os homes.
Os gregos non tiñan libro sagrado. A súa relixión transmitiase a través de relatos, tanto de forma oral na familia coma en actos públicos, no teatro ou na plaza pública (ágora).
Algúns relatos eran moi famosos, como a Iliada e a Odisea, atribuídas a Homero, e coñecíanse en todo o mundo grego, pero outros so se coñecían nunha zona determinada.Oráculo de DelfosAs cidades festexaban aos seus deuses adicándolles grandes festas nas que se comía moita carne (a carne non era moi frecuente na dieta dos gregos). En Atenas celebrábanse as Panateneas, cunha gran procesión ate o partenón na que participaba toda a cidade. Algo así coma o que se fai aquí nas parroquias

Algúns gregos practicaban as relixións dos misterios (misterios de Eleusis) que prometían aos seus iniciados unha vida mellor despois da morte. As festas dionisiacas, adicadas a Dioniso, que incluían representacións teatrais formaban parte deste tipo de misterios.

Os gregos crían na predición do futuro e para elo usaban os oráculos. Estes eran lugares fixos onde os deuses podían ser preguntados e respondían de diversas formas. No oráculo de Delfos, o deus Apolo contestaba a través de unha muller en trance, a “Pitia”, e facíao de xeito enigmático. Os sacerdotes interpretaban as súas respostas.
Conserváronse algúns textos das preguntas. Vexamos un exemplo do oráculo de Zeus en Dodona:

“O cidadáns de Dodona preguntan a Zeus se é a impureza de algunha persoa a que está enviando o mal tempo”.

Os mitos gregos conserváronse en obras literarias e en obxectos artísticos (escultura, cerámica). Os mitos cambiaban e aparecían novos episodios porque os poetas e artistas imaxinaban novas versións baixo a inspiración das musas. Non hai nada fixo no mito grego. A miúdo, cando se quería explicar algo a través do mito facíase unha adaptación deste sen ningún reparo.