Acostumamos chamar ao modo de pensar a realidade na sociedade grega como “pensamento mítico”. Con iso querían indicar que non eran simplemente narracións fantasiosas senón que cumprían a función de dar certo sentido á realidade.
Normalmente, cando tentamos dar sentido á realidade, buscamos:

a) Poder explicala.
b) Poder anticipar cómo sucederán as cousas no futuro.
c) Usar esa comprensión para poder transformar a realidade.

Vexamos cómo cumpría esas funcións o pensamento mítico.

a) Explicar a realidade.

O mito nace en sociedades primitivas de tipo agrícola.
No noso mundo urbano as estacións, as choivas, as tormentas, as xeadas non teñen consecuencias importantes. Pero nunha cultura agrícola, como era a da Grecia arcaica, esas cuestións eran moito máis serias. Un verán demasiado largo, unhas choivas persistentes, xeadas demasiado intensas, etc…podían significar a perda das colleitas e, como consecuencia podían traer consigo a fame, as enfermidades e incluso a morte de parte da poboación.
Por outra banda hai que ter en conta que a xente do século VI ac. non ten unha imaxe do mundo de tipo científico que lle permita entender cómo se producen estes fenómenos. Non tiñan un modo de explicar as regularidades da natureza (día/noite, estacións…) nin as súas irregularidades (tormentas, terremotos…). Regularidades e irregularidades que, por outra parte constitúen a base da súa vida.

Os mitos eran narracións que daban un certo sentido a estes fenómenos.

Poñamos un exemplo:

O mito de Perséfone.

Perséfone según a mitoloxía era filla de Zeus e Demeter (deusa da terra e a agricultura). Plutón, deus do inferno e do mundo subterraneo do Hades, enamorase de Perséfone e pretende levala con el, como Demeter se opón, ráptaa. Demeter entristecese tanto que prohibe que os árbores dean froitos e que medre a herba, facendo que a terra sexa estéril (establece un inverno perpetuo).

Hai un tira e afrouxa entre Demeter e Hades, pero non chegan a un acordo para que lle devolva a Perséfone. Entón reúnense os deuses e chegan a un acordo: Perséfone pasará 3 meses no Hades (os do inverno, nos que non hai tarefas agrícolas) e os outros nove (primavera, verán e outono, nos que se realizan as tarefas de semente e se produce o crecemento das plantas e a súa recolleita) pasaraos coa súa nai.

Deste modo establece o mito o orden das estacións.
O mito dilles aos gregos que poden confiar nesa regularidade, pois foi establecida polo acordo dos deuses.

Por suposto os gregos non podían saber cómo e por qué se producían as estacións. Nos sabemos que dependen da inclinación do eixe da terra a respecto do plano de xiro en torno ao sol – eclíptica, pero os gregos non sabían cómo era o sistema solar e como funcionaba, nin que a terra era redonda nin que xiraba en torno ao sol.

O mito tamén servía para explicar aqueles fenómenos que non son regulares, fenómenos imprevistos e azarosos.

– Os relámpagos e os tronos asociábanse a Zeus. Cando algo molestaba a Zeus ocultaba con negros nubarros a cima do Olimpo e invadía a terra con fortes choivas, relámpagos e tronos.

– Os terremotos eran provocados polo carro de Poseidón.

O mito, por tanto da unha explicación sui xéneris de cómo e por qué suceden as cousas.

b) Anticipar o que vai acontecer.

O futuro é o maior imprevisto e a xente sempre pretendeu coñecelo de algún modo.
Case todas as culturas antigas cando querían prever algo botaban man de oráculos: consultaban as vísceras de animais (etruscos), o voo dos paxaros (romanos), usaban de oráculos (gregos e romanos).

Estas actitudes seguen aínda vivas, a xente segue a consultar os horóscopos, van a botadores de cartas, a futurólogos. Son actitudes máxicas.

c) Transformar a realidade.

Se os procesos naturais dependen da intervención dos deuses, o home debe poder incidir de algún modo nos deuses para o seu proveito.
O ritual relixioso é o que permite realizar esa intercesión.

Resumindo: O modo que os gregos teñen de concibir a realidade é diametralmente oposta ao noso:

– Para nos a natureza é comprendida a través das teorías científicas que nos mesmos elaboramos e podemos incidir nela grazas ao control tecnolóxico. A natureza ten unha regularidade que é descrita pola ciencia e tenden a estudarse todos aqueles procesos que aínda non poden ser controlados (terremotos, furacáns…) baixo o suposto de que son explicables e se poden, por tanto establecer determinadas previsións que nos resulten útiles.

– Para os gregos antigos (coma para calquera mentalidade mítico-relixiosa) os elementos regulares e azarosos da realidade non se controlan a partir de explicacións de tipo científico:

Para o mito, en cambio, as forzas naturais están encarnadas en deuses.
O azar na natureza é interpretado como capricho dos deuses.
A regularidade é interpretada como causada tamén polos propios deuses.

1- O home pode tentar coñecer as intencións dos deuses, o destino a través de oráculos.
2- Pode interceder ante os deuses por medio de sacrificios.

O home grego arcaico ten a tendencia a remitir ao mito calquera explicación da orixe do mundo e do orden natural, ao ritual calquera intento de intervención sobre a natureza e á adiviñación oracular calquera predición sobre o futuro.