VITALISMO
Sistema iniciado no século XIX, cuxo principal representante é Friedrich NIETZSCHE. Este sistema caracterízase por ser “IRRACCIONALISTA”, é dicir, fronte á razón opoñen o Querer e o Sentir individual.
A vida é a orixe e fundamento de todo. É cambiante, rica, complexa e escápase á razón porque ou se “sofre” ou nunca se comprenderá .Ademais a vida está en constante desenvolvemento no tempo – é temporal – de tal xeito, que o ser das súas cousas é a súa historia -historicismo.

FRIEDICH NIETSCHE (1884-1900).
Nace en Rocken , Alemaña, fillo dun pastor protestante cambia o seu camiño relixioso e entra na universidade. Énchese do pesimismo de Shopenhauer, vese moi influído por Wagner. En 1875 comezan as súas crises nerviosas que o levan á tolemia na que viviu os seus últimos 11 anos. En 1879, abandona o pesimismo de Shopenhauer, deixa o ensino do grego(aos 24 anos xa exercía a docencia na universidade de Basilea) e dedícase a escribir ata a súa morte.
Obras: “A orixe da traxedia no espírito da música”, “Consideracións intempestivas”, “Humano, demasiado humano”, “Aurora”, “A gaya ciencia”, “O ocaso dos ídolos ou como se fai filosofía a marteladas”, “Ecce homo”, “A xenealoxía da moral”, “Máis alá do ben e do mal”, e o seu mais famosa obra “Así falou Zarathustra”.
É un autor asistemático – suxerente, no que ata podemos atopar un método, o do desenmascaramento mediante dúas técnicas.: a sospeita e a xenealoxía
Tres ideas atopamos de fondo:
O ateísmo: Confesa a morte de Deus pero non se libera do seu cadáver
A transvaloración: Procura de valores diferentes que superen aos tradicionais.
O paradoxal: Quere facer do negativo, do desprezábel a orixe do digno, do fermoso, do bo.

As súas doutrinas viran sobre estes temas:
A VONTADE DE PODER: A nosa vontade non é un molde que se enche de quereres, senón un conxunto de forzas que loitan para manifestarse; pero a vida (a nosa vida) é un continuo someter as nosas forzas, reprimirnos; como nos atopamos sen vontade, nalgún momento teremos que elixir entre o sometemento ou a vida que é crecemento, chegar ao limite, a súa norma é: ROMPER O LIMITE.
Tal e como se pode ver teremos dúas formas de realizar a nosa vida:
A vida descendente.- a que se somete á razón, a virtude e busca a felicidade. O primeiro culpable desta dexeneración foi Sócrates.
A vida ascendente.- É a dos grandes ideais, da liberación do instinto. É a que nos leva ao nacemento do:
SUPER-HOME: Será a meta dos máis dotados, non será froito natural da evolución, senón da decisión dos verdadeiramente fortes que se atrevan a ser inmortais; que sexan capaces de substituír o deber ser por un rotundo eu son. Substituirán ao Deus morto e aos seus representantes: Estado, progreso (ciencia), utilidade; pola vida e aqueles simulacros que nos axuden na liberación das cadeas. O fin deste super-home non será loitar pola igualdade e contra o estado, senón aumentar, patentizar a diferenza das dúas morais:
A Moral dos SERVOS e a Moral dos SEÑORES.
A Moral dos servos é a da vida descendente. É a moral do resentimento, o engano dos débiles fronte aos fortes. Nace do medo, porque os xudeus tiñan hostilidade cara aos sentidos e os cristiáns os seus herdeiros, consideran a vida como un paso doloroso. Son o maior perigo da humanidade ao considerar como bo aquilo que axuda á debilidade.
A Moral do señores, é a moral do mundo ascendente. Nace da espontaneidade. Bo é todo aquilo que exalta a vontade de poder. Para legar a ela temos que transmutar todos os nosos valores (superar a nada desde a nada) Hai que atreverse a ser amoral como a natureza mesma

O ETERNO RETORNO.- É a gran proba, porque a decisión de afirmar a vida é definitiva porque esa vida sen memoria repetirase eternamente. Isto será así, xa que no universo temos forzas inconmensurables pero non infinitas, como o tempo é finito resulta que as forzas xa foron e serán despregadas e alcanzadas infinitas veces. Non existe, xa que logo, o tempo lineal senón circular (nin primeiro nin ultimo) Ademais o que se seleccione para repetir non son feitos senón super-homes dispostos a aceptalo todo; son os artistas do presente. Co que o futuro é un campo de novas creacións e non de salvación definitiva…

Nietzsche tivo gran influencia no século XX. ; é considerado como un dos mellores escritores alemáns; o seu carácter misóxino puidese moi ben derivar do seu pouco éxito coas mulleres, Rosemberg ideólogo do nazismo ensalzou o seu racismo, o seu individualismo tómase como a base do anarquismo. etc.